20 de xul. de 2016

Vémonos en Combarro

Ca publicación da Reportaxe do XIIº Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz 2015, poñemos fin ás publicacións tanto na páxina de facebook (https://www.facebook.com/encontrocabo2015) coma nesta web do encontro (http://www.encontrocabo2015.org). Ámbolas dúas permanecerán abertas e desde aquí, invitámosvos a facervos seguidores do XIIIº Encontro que se vai celebrar en Combarro-Poio entre o 29 de xuño e o 2 de xullo de 2017, https://www.facebook.com/XIII.Encontro.Combarro.2017
WEB: http://combarro2017.culturmar.org
Vémonos en Combarro¡
P.D. Seguiremos publicando as nosas novas no Facebook da A Gamela (https://www.facebook.com/gameladecabodecruz) e na web http://www.gameladecabodecruz.org/

6 de xul. de 2016

HOMENAXE A GAMELA DE CABO DE CRUZ - LEMBRANDO O ENCONTRO . III XUNTANZA DE PALILLEIRAS E BORDADORAS

A Asociación A Gamela de Cabo de Cruz, xunto o Concello de Boiro está a organizar un programa de actuacións para homenaxear á embarcación a gamela e lembrar o “Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia” en Cabo de Cruz que tivo lugar o pasado ano no mes de xullo.

O acto “ Homenaxe á Gamela de Cabo de Cruz: Lembrando ao Encontro” céntrase na figura desta embarcación considerada como elemento patrimonial mariñeiro e etnográfico moi representativo deste pobo mariñeiro.

Prácenos achegarlle invitación e programa no que esperamos contar coa súa presenza e que nos axude a difundir dito programa cultural.

PROGRAMACIÓN

PREVIA: VENRES 8 DE XULLO DO 2016
Lugar: Centro Social de Cabo de Cruz
20:00h - Inauguración da exposición fotográfica (Imaxes Encontro 2015)

21:00h – Teatro: “Un Mar de Mulleres” (Chicas da Memoria Cruz Vermella Local Boiro)


ACTO CENTRAL: SÁBADO 9 DE XULLO DO 2016
Lugar: Centro Social de Cabo de Cruz
20:45h - Inauguración III Xuntanza de Palilleiras e Bordadoras CSoCC
21:00h - ACTO DE HOMENAXE á Gamela presentado por Xurxo Souto e proxección do vídeo documental Encontro 2015

Lugar: Peirao de Cabo de Cruz
22:30h – INAUGURACIÓN da réplica da Gamela Esperanza – Liberdade


Actuacións a cargo de:
“O AQUEL DE AQUELAR 2.0”
CANTAREIRAS “NUNCA É TARDE”
“AR DE LOUREDA”
FOLIADA


LEMBRADE QUE A XUNTANZA DE PALILLEIRAS E TAMÉN TODO O DOMINGO DIA 10



10 de dec. de 2015

POESÍA OCEÁNICA

Estimados amig@s,
 remitimos información da presentación do poemario de Xosé Iglesias "Tranasfusión Oceánica", que terá lugar no Asteleiro Triñanes (Chazo - Cabo de Cruz) o sábado 12 de decembro ás 19:00h., agradecendo, por adiantado, a vosa colaboración na difusión e participación deste programa cultural.

Convídamovos a compartir uns momentos de poesía oceánica neste privilexiado lugar que son os estaleiros Triñanes, en Boiro.
Gerardo Triñanes cede os seus metros de traballo e súor, para que neles se conxugue o mar coa fasquía das súas embarcacións de madeira tradicionais.
As eixolas darán paso ós versos e tamén ás melodías dunha forte promesa galega que move os dedos no piano como nós as mans na rede. Aida Saco Beiroa porá a música neste escenario.
Presentará o acto o poeta Paco Souto e contaremos tamén cos poemas de María José Fernández .


Un saúdo


27 de xul. de 2015

AGRADECEMENTO A TÓDOLOS/AS COLABORADORES/AS E PARTICIPANTES DO ENCONTRO


Cabo de Cruz, 24 de Xullo do 2015


Apreciado/a Amigo/a:

A través deste escrito, Gerardo Triñanes, coma presidente do Comité Organizador do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia Cabo de Cruz 2015, e en nome de todo o seu equipo saúdao afectuosamente.

A través deste escrito,  queremos facerlle chegar o noso agradecemento pola súa xenerosa colaboración e contribución e dicirlle que a súa axuda foi moi importante dado que con ela e con outras colaboracións mais, puidemos levar a cabo a diversa cantidade de actividades culturais de mar e de terra do 9 ao 13 de xullo do presente.

 Todos os membros do Comité Organizador queremos darlle as gracias novamente pola súa axuda sincera e desinteresada, esperando haber obtido a súa satisfacción tras o desenvolvemento do evento.

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo

Gerardo Triñanes
Presidente

13 de xul. de 2015

CANDIÑO FOTOGRAFIA

Encontros embarcacións

Si prefieres, puedes visionarlo en VIMEO, en el siguiente enlace:https://vimeo.com/133328905Recuerda pinchar en HD para mejorar un poco la calidad de imagen.Este video realizado íntegramente con el móvil, intenta reflejar solo una minima parte de todo lo que se pudo vivir en nuestro pueblo "CABO de Cruz" durante estos intensos cuatro días de "ENCONTROS EMBARCACIONS TRADICIONAIS" Mi mas sinceras felicitaciones y agradecimientos a todos los organizadores, voluntarios, participantes y en general a todo un pueblo plenamente volcado en que fuese una celebración para el recuerdo. FELICIDADES a tod@s!!!

Posted by Candiño Fotografia on Lunes, 13 de julio de 2015

9 de xul. de 2015

SOBREMESA MARIÑEIRA


7 de xul. de 2015

Xa están chegando as primeiras



Posted by EncontroCabo2015 on Martes, 7 de julio de 2015

MEDRE O MAR!

ENCONTRO CABO 2015

PRESENTACIÓN POR XURXO SOUTO DO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS DE GALICIA, VIDEO DE PABLO CHOUZA

Posted by EncontroCabo2015 on Miércoles, 17 de junio de 2015